• Novas

    Té con Kant gana o Premio do público Coiro de Pita

    A peza Té con Kant foi merecedora do premio do público Coiro de Pita, que celebra a Sala Ingrávida do Porriño. O acto tivo no lugar na propia Sala Ingrávida o domingo 26 de xullo, no que estaban os representantes dos outros espectáculos nomeados: Hámster de Triatreros, 30 e tantos ósos de Aporía Escénica e Avestruz en Terra Allea de Berrobambám. Tamén se puido ver antes da entrega do premio, o espectáculo O Asombro de Fantoches Baj. Os encargados de entregar o premio foron os seus “madriños” Tatán e Mariana Carballal. O premio consistiu nunha estatuíña dunha “garra” de pita da xoieira Arela de Fe, de Oia. Inmensamente agradecidas!! Grazas…

  • Novas

    Nova crítica para Fémina Sapiens

    Estamos encantadas con esta nova crítica do espectáculo Fémina Sapiens no Blog do Teatro Crítico Universal da RGT. Nesta ocasión firma a crítica Manuel Xestoso. Velaí vai: “Fémina Sapiens Un horizonte moral de doce mil euros Manuel Xestoso Femina Sapiens comeza interrogándose sobre o aparente paradoxo de que persoas cunha excelente formación cultural actúen cunha execrable baixeza moral e remata demandando doce mil euros para a conta corrente da personaxe protagonista, que non dá acabado a súa tese de doutoramento por falta de efectivo. Noutras palabras, pártese da cuestión sobre os vínculos entre razón e ética –e as alusións a Heidegger son o suficientemente ilustrativas– para acabar nun terreo moi…

  • Novas

    Té con Kant na Sala Ingrávida de Porriño

    Volve o espectáculo de Té con Kant a escenario galegos. Nesta ocasión a peza estará o venres 22 e sábado 23 de agosto ás 22 horas na Sala Ingávida de Porriño, a través da Rede Galega de Salas. As próximas datas para ver este espectáculo serán o 30 de Agosto no Auditorio Municipal da Cañiza, o 4 de Setembro en Valencia na Sala Matilde Salvador dentro do marco do I Congreso Internacional de la Red Española de Filosofía, o 7 de Setembro na Taberna Marrucho en Baiona,  o 12 de Setembro– Galería Iskoö- Lugo e o 19 de Setembro– La Buena Vida- Cangas do Morrazo. Té con Kant é un…